fbpx

A CIG gaña as eleccións con 8.787 votos e 62 delegados

O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, destacou o “apoio maioritario” do profesorado galego ao seu “modelo sindical galego e participativo” tras superar o 43 por cento de representación nas eleccións sindicais dos centros públicos da comunidade, que considera “un rexeito absoluto” do colectivo docente á política educativa da Xunta de Galicia.
Ruth LodeiroJueves, 16 de diciembre de 2010
0

Segundo os datos provisionais despois do remate do escrutinio, a CIG-Ensino obtivo un total de 8.787 votos e 62 delegados, seguida por CC.OO. con 3.343 votos e 26 delegados; FETE-UGT (2.809 e 22 delegados); ANPE (2.272 votos e 18 delegados, un máis); STEG (1.992 votos e 14 delegados); e CSIfF, con 996 votos e cuaro delegados (un máis).
“Incrementamos nove delegados e sen lugar a dúbidas estamos ante uns datos moi positivos. Hai que agradecer públicamente o apoio maioritario do profesorado galego. Para nos esto éun recoñecemento explícito do traballo destes catro anos e as nosas reivindicacións”, afirmou emocionado o secretario da organización, Anxo Louzao . Así e en base a estas cifras, advertiu á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que o peso e representación do seu sindicato “debe ser considerado” para próximas negociacións, polo que confía en que "non siga actuando de maneira parcial. “Os resultados avalan as posicións que t emos de rexeito ao decreto do plurilingüismo e o restablecemento do consenso acadado no Plan Xeral de Normalización Lingüística”, dixo. Sobre os próximos retos de cara ao futuro, a CIG-Ensino esixirá a apertura de diálogo para acadar unha lei galega de educación, un estatuto do profesorado galego, maiores presupostos para o ensino público, o restablecemento do salario docente, entre outras.

Por parte da Federación de Ensino de CC.OO., José Fuentes destacou que a súa organización se “consolida como segunda forza sindical” nos centros educativos galegos, a pesar de rexistrar “unha pequena diminución” no voto global. Deste modo e segundo os datos provisionais, perderían un delegado en Lugo, aínda que se manteñen en Ourense con oito delegados –igual numero que a CIG–.

STEG e UGT
Así mesmo, Xosé Cabido de STEG sinalou que o resultado “revalida” o traballo da súa entidade, que consolida o número de delegados obtidos nos últimos catro anos. A pesar diso, lamentou que o sindicato “podería non estar na Mesa Sectorial, porque faría falta alcanzar un mínimo de 15 delegados” a causa do incremento de docentes. “Aínda así temos lexitimidade para continuar co noso proxecto”. advertiu Cabido, quen animou a seguir traballando coas mesmas ganas e ilusión.

Finalmente, o secretario xeral de FETE-UGT, Marcelino Brea, sinalou que a súa organización seguirá “traballando para consolidar a confianza” do profesorado e “incrementala no futuro”, tras alcanzar o mesmo número de delegados que nas pasadas eleccións. Neste sentido, Marcelino Brea avanzou que permanecerán en todas as provincias , menos nas de Ourense , onde suben un e a da Coruña, onde, pola contra, baixan outro.

0
Comentarios