fbpx

A Xunta anuncia a apertura de 25 novas escolas infantís en 2011 con mil prazas públicas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou a apertura de 25 novas escolas infantís en Galicia durante este ano, nas que se ofertarán mil novas prazas públicas, de modo que o 2011 acabará con 2.700 prazas novas con respecto ao ano 2009.

Ruth LodeiroMartes, 25 de enero de 2011
0

Así o ratificou durante o acto de inauguración da nova escola infantil de A Cañiza (Pontevedra), que se puxo en marcha con 43 prazas e cunha inversión de 668.000 euros -cofinanciada por Xunta, deputación provincial e Concello-.

Núñez Feijóo recordou que, malia a crise e o recorte presupostario, é "momento de prescindir do prescindible, e inverter no imprescindible", como as escolas infantís, centros de día e políticas sociais. Así, recordou que, no que vai de lexislatura, se crearon 1.700 prazas de escolas infantís, e Galicia "séguese aproximando" ao ratio marcado pola UE do 33 por cento.

O presidente da Xunta recordou que o Goberno galego mantén o gasto en política social e a "aposta polos Concellos" nos ámbitos de emprego e benestar.

0
Comentarios