fbpx

A Xunta, o Banco Santander e a Fundación Uceif promoven a cultura financeira e o emprendemento

O programa vai dirixido a estudantes desde 3º da ESO a FP co fin de que teñan acceso, en condicións de igualdade, a unha formación básica para xestionar a súa economía.
RedacciónLunes, 3 de enero de 2022
0

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; a directora territorial de Banco Santander en Galicia, Rocío Pazos.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; a directora territorial de Banco Santander en Galicia, Rocío Pazos, e o director da Fundación Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación del sector financeiro (Uceif), Francisco Javier Martínez, veñen de subscribir un acordo de colaboración para fomentar a cultura financeira e o emprendemento nos centros educativos.

Para iso, poranse en marcha distintas actividades formativas impartidas por profesionais voluntarios de Banco Santander a través do programa de educación financeira Finanzas para Mortais. O obxectivo desta iniciativa é que todas as persoas teñan acceso, en condicións de igualdade, a unha formación básica en finanzas e a capacidade de xestionar a súa economía, especialmente dirixido neste caso ao alumnado.

En concreto o programa vai destinado a estudantes de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), aos de Bacharelato e Formación Profesional. Impartiránselles actividades formativas para mellorar as súas competencias en materia de emprendemento, favorecer a súa inserción laboral e promover a realización de proxectos empresariais en colaboración coa rede de viveiros de empresa en centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. A Xunta dará difusión a este programa entre os centros, onde se desenvolverán as actividades, e serán empregados voluntarios do banco os encargados de impartilas.

A colaboración entre a Xunta, o Banco Santander e a Fundación UCEIF enmárcase no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, que ten entre os seus eixos a sensibilización e motivación do alumnado arredor da cultura emprendedora, a capacitación para desenvolver este tipo de iniciativas e o fomento e apoio das habilidades para a posta en marcha de proxectos empresariais.

0
Comentarios