fbpx

A Xunta celebra as primeiras olimpíadas de FP Básica para impulsar o prestixio destas ensinanzas

O secretario xeral de Educación e FP asiste en Ferrol á primeira das nove competicións, que contan coa participación de 111 alumnos. Participan tamén estudantes de programas formativos dirixidos a persoas con necesidades educativas especiais.
Redacción-comunidadesMiércoles, 25 de mayo de 2022
0

A Xunta de Galicia celebra hoxe a xornada inaugural do 1º Campionato Galego de Formación Profesional Básica, FPBásicaSkills Galicia 2022, as primeiras olimpíadas específicas deste nivel de ciclos formativos que se celebran en Galicia. O obxectivo deste certame, que se suma ás Galicia Skills (con participación maioritaria de alumnado de ciclos de grao medio e superior), é impulsar o prestixio destas ensinanzas como unha opción de futuro para os rapaces que as cursan, así como de continuidade no sistema de oportunidades que é a Formación Profesional galega.

O secretario xeral de Educación e FP, José Luis Mira, participou no Centro Integrado CIFP Ferrolterra na primeira das competicións destas olimpíadas, que se desenvolverán ata o vindeiro 2 de xuño. O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou a FP Básica como unha alternativa fronte ao abandono educativo e salientou o labor que o profesorado destes ciclos fai na motivación do alumnado.

Así mesmo, fixo fincapé na importancia dos programas formativos básicos para persoas con necesidades educativas especiais –que tamén toman parte no certame– á hora de ofrecer unha cualificación axeitada ás capacidades de cada estudante.

Sedes e competencias

As FPBásicaSkills Galicia 2022 estrutúranse en nove competicións (sete de FP Básica e dous de programas formativos básicos) e contarán coa participación de 111 alumnos. A relación de skills (competencias) en concurso é a seguinte:

FP básica

CompeticiónModalidadeSedeData
Carpintaría e mobleIndividualCIFP Ferrolterra (Ferrol)24/05/2022
Artes gráficasPor parellasCIFP Compostela (Santiago de Compostela)25/05/2022
Electricidade e electrónicaPor parellasCIFP Universidade Laboral (Culleredo)26/05/2022
AgroxardinaríaPor parellasIES Montecelo (Pontevedra)26/05/2022
FloraríaIndividualIES Montecelo (Pontevedra)26/05/2022
Mantemento de vehículosPor parellasCIFP As Mercedes (Lugo)27/05/2022
Peiteado e estéticaIndividualIES Montecelo (Pontevedra)02/06/2022

Programas formativos básicos

CompeticiónModalidadeSedeData
Servizos de restauraciónPor parellasCEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela)31/05/2022
Xardinaría e viveirismoPor parellasCEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela)01/06/2022

Toda a información das olimpíadas pode consultarse no Portal de FP.

0
Comentarios