fbpx

Román Rodríguez destaca a FP Básica como "unha aposta pola equidade e pola igualdade de oportunidades"

Sinala que estas ensinanzas “xogan un papel fundamental como alternativa ao abandono escolar e como porta de acceso ao mercado laboral”.
Redacción-comunidadesLunes, 6 de junio de 2022
0

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo director xeral de FP, José Luis Mira, presidiu esta mañá o acto de entrega das medallas do I Campionato Galego de Formación Profesional Básica FPBásicaSkills Galicia 2022, as primeiras olimpíadas específicas deste nivel de ciclos formativos que se celebran en toda España. Na competición tomaron parte tamén estudantes de programas formativos dirixidos a persoas con necesidades educativas especiais

No transcurso do acto, o representante da Xunta de Galicia destacou que a FP de grao básico representa “dous piares do noso sistema educativo como son aposta pola equidade e a igualdade de oportunidades”. Neste sentido, sinalou que estas ensinanzas “xogan un papel fundamental como alternativa ao abandono escolar e como porta de acceso ao mercado laboral, ademais de como piar da nosa aposta por unha escola inclusiva e pola aprendizaxe permanente”. “En definitiva, o espírito desta iniciativa simboliza á perfección a esencia e a razón de ser da Formación Profesional”, engadiu.

Empregabilidade e competitividade

Román Rodríguez salientou “a revolución silenciosa que experimentou na última década a FP”, de manifesto en cifras como o incremento dun 74% na matrícula e o éxito de modalidades como a FP Dual. Así mesmo, fixo fincapé no incremento na inserción de todas as modalidades. “A taxa de inserción laboral do conxunto da FP situábase hai dez anos nun 51,7% mentres que na actualidade a inserción na FP Básica está no 75% e en modalidades coma a FP Dual supera xa o 90%”, explicou.

O conselleiro de Educación quixo agradecer o esforzo do alumnado participante, do profesorado, titores e centros educativos, así como da máis dunha vintena de empresas colaboradores nas FPBásicaSkills Galicia 2022.

“A revolución non podería ser posible sen a implicación da comunidade educativa, do alumnado e do sector empresarial”, indicou o conselleiro, lembrando que “hoxe a nosa FP é un referente de empregabilidade, de competitividade e de adaptación ao entorno laboral”.

Medalleiro

O obxectivo deste certame, que se suma ás Galicia Skills (con participación maioritaria de alumnado de ciclos de grao medio e superior), é impulsar o prestixio destas ensinanzas como unha opción de futuro para os rapaces que as cursan.

As olimpíadas desenvolvéronse entre o 24 de maio e o 2 de xuño e estruturáronse en nove competicións (sete de FP Básica e dous de programas formativos básicos), que contaron coa participación de 111 alumnos de 39 centros educativos de toda Galicia.

A relación de alumnos gañadores pode consultarse na seguinte táboa:

Competición
Medalla
Centro
Alumnos gañadores
Titor
Agroxardinaría
Ouro
IES Montecelo (Pontevedra) Cristian Diz Rey e Abdelmonsif El Haddad Bárbara Carballal Mariño
Agroxardinaría
Prata
IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo) Iván García Pérez e Amaro Pérez Crespo
Óscar Engroba Sal
Agroxardinaría
Bronce
IES de Arzúa (Arzúa)
Juan Amigo Regueiro e Iván López Rey
Iria Villar Rodal
Artes gráficas
Ouro
CIFP Compostela (Santiago de Compostela) Ana Méndez Crespo e Verónica Parafita Sánchez
María Outón Parada
Artes gráficas
Prata
CIFP Leixa (Ferrol)
Angeline Alonso Domínguez e Lara Sánchez Sánchez
Isela García Pintos
Artes gráficas
Bronce
IES Rosalía Mera (A Coruña) Roxana Nicoleta Chiru Miclaus e Sabela Ramilo Montero María Caridad Ballesteros
Carpintaría e moble
Ouro
IES Rosalía Mera (A Coruña) Alicia de los Palos Fernández
Juan José Cal Ferreira
Carpintaría e moble
Prata
IES de Salvaterra de Miño (Salvaterra de Miño) Jorge Solleiro Fernandez
Enrique Pena López
Carpintaría e moble
Bronce
CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)
Brais Fernández Rial
José María Cebeiro Fernández
Electricidade e electrónica
Ouro
CIFP A Farixa (Ourense)
Mohamed Oukhoya e Eric Manuel Pichardo Carballo Emilio Vidueira Franjo
Electricidade e electrónica
Prata
CIFP Universidade Laboral (Culleredo) Juan Ismael Matos Rodríguez e Pablo Veiras Gude
Susana Rey López
Electricidade e electrónica
Bronce
IES Macías o Namorado (Padrón) Marcos Barros Caamaño e Samuel Batalla Gago Samuel Rodríguez Saavedra
Floraría
Ouro
IES de Arzúa (Arzúa)
Juan Manuel Nogueira Budiño
Carlos Iglesias Ramos
Floraría
Prata
IES de Mugardos (Mugardos)
Andrea Ríos López
Patricia Blanco Vigo
Floraría
Bronce
IES Montecelo (Pontevedra)
José Ramón Patiño Castellano
Eliseo Castro Iglesias
Mantemento de vehículos
Ouro
IES Montecelo (Pontevedra) Adrián López Barcia e Alejandro Oliveira Martínez
José Fuentes Fontáns
Mantemento de vehículos
Prata
IES de Vilalonga (Sanxenxo) Adrián Castro Rodríguez e Cristian Troncoso Soutullo Fernando Prado Santamaría
Mantemento de vehículos
Bronce
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) Nico Canosa Gayoso e Pedro Lagares Costas
Jaime Villar Martínez
Peiteado e estética
Ouro
 IES Montecelo (Pontevedra)
Naiara Ameal Sangiao
Patricia Diz Peleteiro
Peiteado e estética
Prata
CIFP Someso (A Coruña)
Yoana Naya Ordóñez
María Begoña Rey Arufe
Peiteado e estética
Bronce
IES 12 de Outubro (Ourense)
Andrés dos Santos Moreno
María Trinidad García Vázquez
Servizos de restauración
Ouro
CEE Pontevedra (Pontevedra) Adrián García Besada e Sergio Varela Lapido María del Mar León Martínez
Servizos de restauración
Prata
CEE Infanta Elena (Monforte de Lemos) Jennifer Abad Fernández e María del Carmen Hermida Taboada Antonio Maceiras Charlón
Servizos de restauración
Bronce
CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela) Mary Blanco Bernárdez e Noemí Pombo García María del Carmen Alvite Caamaño
Xardinaría e viveirismo
Ouro
CEE Saladino Cortizo (Vigo) Andrés Durán Portela e Sandra Ferreiro Corral Francisco Antonio Cabaleiro Núñez
Xardinaría e viveirismo
Prata
CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela) Sergio García Becerra e David García Torres
Manuel Andrade Vallo
Xardinaría e viveirismo
Bronce
CEE María Mariño (A Coruña) José Alejandro Fernández Rodríguez e Juan José Rabuñal López
Guillermo Gil Docampo
0
Comentarios