A CIG presenta unha candidatura paritaria
Baixo o lema 'Compromiso coa defensa do ensino público galego', o sindicato dirixido por Anxo Louzao márcase o obxectivo de "incrementar e mellorar os actuais resultados" da entidade, que conta cunha representación de 53 delegados dun total de 136 –19 en A Coruña e Pontevedra, 29 en Lugo e 7 en Ourense-
En concreto, as candidaturas estarán encabezadas polo propio Louzao na provincia de A Coruña, Marta Dacosta –do IES de Tomiño– por Pontevedra; Consuelo Campos pola provincia ourensana; e Antón Castro Rodriguez por Lugo.
A que aínda é a "organización sindical maioritaria" no ensino público, cun 40 por cento de representación, inclúe entre as liñas básicas do seu programa a consecución do Estatuto Galego del Profesorado; redución de alumnos por aula; aplicación dos cadros de persoal; nova planificación no rural: mellora das condicións laborais; ou medidas de mellora da calidade do ensino.
Sobre o proceso electoral, Anxo Louzao destacou a necesidade de que as eleccións se celebren por centros de traballo e non por circunscricións provinciais, co fin de ser "máis democráticas, participativas e representativas".
En suma, prevese unha participación dun total de 31.442 profesores que van escoller 146 delegados sindicais, dos que 47 corresponden a A Coruña, 29 a Lugo, 27 a Ourense e 43 a Pontevedra.