Educación seguirá adiante a pesar do NON do Consello

A Consellería de Educación seguirá adiante coa futura Lei da Convivencia e Participación da Comunidade Educativa a pesar do seu rexeitamento por parte do Consello Escolar de Galicia. De feito, esta insititución solicitou a devolución do borrador de anteproxecto á Xunta , tras prosperar unha emenda á totalidade do texto con 21 votos favorables, 11 en contra e dúas abstencións.
Ruth LodeiroMiércoles, 2 de febrero de 2011
0

Os sindicatos CIG, FETE-UGT e CC.OO, a Coordinadora Galega de Movementos de renovación Pedagóxica, a Federación Galega de Movementos de renovación Pedagóxica, a Confederación Galega de ANPAs de centros públicos (Confapa) e o Seminario de Estudos Galegos presentaran oito emendas á totalidade á norma que propón o recoñecemento do docente como “autoridade pública” e a presunción de veracidade; faculta aos centros a regular a vestimenta dos alumnos e establece a participación directa das familias a través de “mecanismos de consulta”, entre outras medidas. Na xuntanza, fontes da reunión aseguraron que, ademais das entidades que solicitaban a devolución do texto, as emendas contaron co respaldo dos representantes da administración local do PSdeG e do BNG e foron rexeitadas pola Administración, a patronal do ensino e a Congapa, entre outros. Deste modo, a “maioría” do pleno do Consello Escolar esixiu a súa devolución ao departamento autonómico para iniciar un proceso de diálogo co fin de consensuar o contido da norma cos membros da comunidade escolar, unha decisión que “non será vinculante” para a Educación.Logo de concluír a votación, o sindicato CC.OO-Ensino argumentou a presentación da emenda á totalidade “como un exercizo de responsabilidade” co sistema educativo, xa que o texto proposto “non considera ningunha estratexia preventiva” para a mellora do clima nos centros e “omite escandalosamente toda referencia aos órganos colectivos de participación” da comunidade escolar. Pola súa banda, o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, advertiu ao titular de Educación, Jesús Vázquez, que atópase “totalmente deslexitimado” para a realización das consultas sobre o idioma, tras acusar á Xunta de impulsar esta nova Lei co único fin de legalizar que os pais poidan escoller a lingua das materias e así reducir a presenza do galego no ensino. “Outra derrota na súa cruzada contra o galego”, destacou.

Consello da Xunta
O sindicato FETE-UGT, pola súa banda, viu ratificada a súa postura respecto ao anteproxecto de Lei tras denunciar “as formas e o fondo desta norma” e advertir de que a mellora da convivencia nos centros comeza con “desdobres nas aulas”, a potenciación da orientación escolar, redución de ratios ou mellorar a atención á diversidade.

A pesar do ditame do Consello Escolar, que solicita a reelaboración da norma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria avanza que o anteproxecto pasará agora ao conselo dá Xunta e ao Parlamento de Galicia, onde podería entrar a finais de febreiro. Deste modo e tras recordar que as decisións deste órgano non son vinculantes, a Xunta manifestou a súa “vontade” de alcadar o máximo consenso sobre o futuro texto da nova normativa.

0
Comentarios