fbpx

Un alumno galego pasará 14,7 anos escolarizado

Un alumno de Galicia presenta aos seis anos, cando inicia a etapa de escolarización obrigatoria, unha esperanza de vida escolar --o número medio de anos que previsiblemente estará no sistema académico-- de 14,7 anos, unha cifra superior ao dato nacional, fixado en 14,4, que descendeu lixeiramente nunha década.
Ruth LodeiroMiércoles, 17 de noviembre de 2010
0

Este dato reflíctese na edición de 2010 do informe ‘Sistema estatal de indicadores da educación’, publicado polo Ministerio de Educación.Os datos, correspondentes ao curso 2007-2008, sinalan que un estudante español pasará unha media de 14,4 anos escolarizado.

Sete comunidades autónomas acadaron nese mesmo curso unha esperanza de vida escolar por riba da media nacional, correspondendo as máis altas a País Vasco e Castela e León, ambas con 15,5 anos de media, seguidas da Comunidade Foral de Navarra con 15,0 anos e a Comunidade de Madrid con 14,9 anos. Séguenlles o Principado de Asturias con 14,8 anos, Galicia con 14,7 anos, e Aragón con 14,5. Estas mesmas autonomíaas mantivéronse tamén no curso 2002-03 por riba da media nacional, que era de 14,5 anos. Na parte media da clasificación sitúase a Comunidade Valenciana cunha proxección de 14 anos, a mesma que Murcia, mentres que por detrás sitúanse rexións como Baleares (12,1 anos); Melilla (13,3); Castela- A Mancha (13,4); Canarias (13,5); Ceuta (13,6); e Extremadura (13,8).

Se se atende á evolución entre os tres cursos analizados –1997-1998, 2002-2003 e 2007-2008–,obsérvase que o número medio de anos de escolarización previsible diminúe lixeiramente na Comunidade Valenciana, ao pasar de 14,2 a 14 anos, así como en Aragón, Ilas Baleares, Canarias, Cantabria, Galicia, A Rioxa, Madrid e o Principado de Asturias. Mantéñense sen variación en Andalucía, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Extremadura, Murcia, e País Vasco e aumenta na Comunidad Foral de Navarra, Ceuta e Melilla. A evolución dos aNos previsibles para permanecer no sistema educativo dun alumno de 6 anos, rflicte que en todo o país a media permaneceu bastante estable entre 1997-98 e 2007-08, situándose en torno aos 14,4 anos nos últimos cuatro cursos.

Eido internacional
Por outra banda, as mulleres teñen unha maior esperanza de permanecer no sistema que os homes; así, no 2007-08 a muller tivo 14,8 anos de permanencia previsible, fronte aos 14,0 dos homes. Pero a diferencia entre sexos aumentou lixeiramente: dende 0,6 anos ao comezo do período considerado ata 0,8 nos últimos cursos.

Os datos para a comparación internacional refírense a 2008, e se considera a esperanza de vida escolar aos cinco años nos países da Unión Europea pertencentes o asociados á OCDE. España, cun valor de 17,2 anos de esperanza de vida escolar, sitúase lixeiramente por encima de Italia, Austria e Francia, e se achega aos valores correspondentes a Irlanda e Grecia.Os países coa esperanza de vida escolar máis elevada son Finlandia e Bélxica, con 21,2 e 20,0 anos respectivamente. Luxemburgo, con 14,5 anos, é o país que ten unha menor esperanza de vida.Na maioría de Europa as mulleres tamén superan aos homes.

0
Comentarios