A Xunta de Galicia en colaboración coa empresa NTT Data Spain SLU vai poñer en marcha a primeira especialización de FP Dual de Galicia e das primeiras de España en Intelixencia Artificial e Big Data, que se impartirá o próximo curso 2022-23 no IES "Fernando Wirtz Suárez", na Coruña.







